O BNG considera “ataque fascista” as pintadas no Monumento do Alto da Concheira

IMG-20230224-WA0004
Ataque fascista ao monumento da Concheira
“A extrema dereita non nos vai amedrentar na defensa dos nosos dereitos democráticos”, sinalan dende a organización nacionalista.
 
O BNG considera “ataque fascista” as pintadas no Monumento do Alto da Concheira
As pintadas coas que o pasado 24 de febreiro apareceu a escultura erixida no Alto da Concheira en Trasmañó foi considerada como un acto de “carácter político premeditado que pretende amedrentarnos”, sinalan dende o BNG. 
Os feitos foron denunciados públicamente pola responsábel comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, veciña da zona. Rápidamente as redes sociais, enchéronse de comentarios rexeitando estes feitos. Trátase do terceiro atentado destas características en dous anos. O Monumento recoñece a “persoas da nosa bisbarra, e de Redondela represaliadas durante os anos 1936 e 1937, algunhas en episodios brutais”. 
O voceiro municipal, Xoán Carlos González considera “que se deben investigar os feitos, para que non queden impunes”. Afirma que se trata dun “atentado en toda regra contra a memoria dos e das que loitaron pola democracia, sendo asasinados e asasinadas polo fascismo”.
Tamén considera o voceiro do BNG, que “non podemos xogar cunha linguaxe ambigua. Non se trata dun acto vandálico, trátase dun acto fascista premeditado que pretende demostrar que a extrema dereita pretende amedrentarnos para recordarnos que seguen presentes”
Considera o nacionalista que “durante corenta anos de ditadura franquista xogouse coa desmemoria. Na transición traizoouse ás vítimas e ás súas familias sen recoñecerlles os seus dereitos, e agora o fascismo volve actuar contra este tipo de recoñecementos públicos, e non o imos consentir. Ímoslles parar os pes”.
O BNG considera “ataque fascista” as pintadas no Monumento do Alto da Concheira