O BNG demanda que a Xunta inclúa Chapela na reforma da PO-323

IMG-20230211-WA0015
O candidato do BNG Xoán Carlos González visitou a Avda de Redondela en Chapela.
Xoán Carlos González, “a Xunta debe ter en conta as necesidades do treito dende a baixada a Arealonga ata as Catro Pontes”.
 
O BNG demanda que a Xunta inclúa Chapela na reforma da PO-323
O anuncio da Xunta de Galiza das obras de mellora da estrada de titularidade autonómica PO-323 dende o límite entre os concellos de Redondela e Vigo ata o instituto de Teis, foron recibidas con sorpresa dende a organización nacionalista. “Quedaría fóra un treito de trescentos metros na avenida de Redondela, en Chapela, que exiximos que a Xunta inclúa no Proxecto”, declaran. 
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González manifesta que o anuncio das obras, “tratouse dun acto de campaña da candidata do PP en Vigo e delegada da Xunta, Marta Fernández Tapias”. Considerou que se trata dunha nova mostra de que, con cartos públicos, o Partido Popular, promociona aos seus candidatos e candidatas. 
Nas súas declaracións, o edil do BNG de Redondela, demanda unha inmediata rectificación por parte da Delegación Territorial incluíndo as modificacións necesarias para garantir a seguridade viaria dunha zona que a cotío sufre o paso de milleiros de vehículos. Recorda que hai poucos días producíuse un sinistro de gravidade neste mesmo punto
Considera que a Xunta debe ter en conta que, realizando unicamente o Proxecto presentado, discriminaríase ao espazo máis poboado entre Redondela e Vigo,. “Non se pode xogar coa xente deste xeito, deben ser tratados por igual polo goberno galego”, denuncia. 
Exixe, Xoán Carlos González, á Xunta, modificar o Proxecto de reforma da PO-323 para que se inclúa a avenida de Redondela en Chapela dende a baixada á praia de Arealonga ata o limíte con Vigo nas Catro Pontes. Entende que, ademáis da mellora nas beirarrúas, habería que incluír renovación de abastecemento de auga, saneamento, alumeado público, arborado, “xunto a medidas de redución da velocidade e calmado de tráfico”. “Estas obras deben garantir que quenes viven nesta parte de Chapela poidan disfrutar dos espazos públicos coas mesmas garantías que o resto da veciñanza”, remata na súa nota.
O BNG demanda que a Xunta inclúa Chapela na reforma da PO-323