Para o BNG, socialistas e populares volven ir da man co servizo do SAF.

Xoán Carlos
O voceiro e candidato á alcaldía, Xoán Carlos González.
“Digna Rivas xustifícase ante Javier Bas para explicarlle un proceso de sanción regrado e supervisado polos servizos sociais municipais”, denuncia o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
 
Para o BNG, socialistas e populares volven ir da man co servizo do SAF.
O recente cruce de declaracións entre o candidato á alcaldía do PP, Javier Bas e a alcaldesa, Digna Rivas, son valoradas dende a organización nacionalista “como un apoio mutuo, na problemática do SAF”. Retoman deste xeito o apoio mutuo co que viñeron traballando tanto coa anterior como coa actual concesionaria.

Para o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, as declaracións nos medios de comunicación do candidato do PP, carecen de total credibilidade por parte de quen renunciou hai anos a defender aos seus veciños e veciñas. “Non ten maior relevancia que a dun mero tertuliano ou opinador de cafetaría”, valora.

Considera igualmente o edil nacionalista que a alcaldesa, Digna Rivas que sae aos medios anunciando un encontro co PP, para xustificarse “cede ante as presións de Javier Bas”. “Buscan escenificar unhas boas relacións, un acordo de non agresión. No pasado o PSOE, xa utilizou como estratexia buscar a abstención dos populares”.

Xoán Carlos González recorda que “o procedemento sancionador está perfectamente regrado”. Salienta “o traballo e seguemento realizado por unha traballadora social, que específicamente está seguindo e informando sobre a situación do servizo”.

Afirma que a gravidade deste tema, con incumprimentos constantes das empresas que prestan o servizo de axuda a domicilio, complicouse cando a alcaldesa decidíu aprobar unhas bases sen contar coas aportacións dos grupos que apoiaron a investidura. “Toda unha mostra do interese por manter boas relacións co Bloque Nacionalista Galego”, remata na súa nota.

Para o BNG, socialistas e populares volven ir da man co servizo do SAF.