O BNG, considera un feito sen precedentes o uso dun camión do concello por parte dunha empresa.
Durante dúas semanas, operarios dunha subcontrata do Concello, utilizaron o vello camión de bombeiros para a limpeza da vía pública.
Segundo o concelleiro do BNG, as obras de renovación das beirarrúas no Alto de Os Tras en Cesantes, están a piques de rematar, mais nas últimas semanas, puidemos comprobar o que consideramos un feito sen precedentes: a utilización de maquinaria do Concello, para a realización de traballos por parte da empresa adxudicataria, apunta.
A limpeza das beirarrúas, unha vez rematada a obra, debe corresponder directamente á empresa, tería que realizarse con vehículos da súa propiedade, que é o normal, segundo o Xoán Carlos González.
O material do Concello unicamente pode ser utilizado por empregados e traballadores da administración local. Asistimos a un feito sen precedentes. O goberno de Javier Bas, presta maquinaria a empresas privadas, argumenta o concelleiro do BNG.
Segundo o nacionalista este caso pode ser considerado un trato de favor, cunha empresa que está realizando un traballo para o goberno municipal. Descoñecemos se a partires de agora, calquera empresa que desenvolve actividades ou tarefas para o Concello de Redondela vai poder botar man da maquinaria municipal.
Por todo isto o concelleiro do BNG, presentou por rexistro do Concello unha xeira de preguntas dirixidas ao alcalde Javier Bas, para que aclare os motivos desta cuestión, e cales son as previsións do seu goberno sobre a cesión de maquinaria de titularidade municipal a empresas que traballen para o Concello de Redondela. Consideramos dende o BNG, que se trata dun uso fraudulento e un trato de favor da maquinaria municipal, polo que imos estar moi pendentes de cal vai ser a dinámica nos vindeiros anos neste tema, sinala finalmente Xoán Carlos González.