O BNG considera insuficiente a actuación nos Eidos.
Xoán Carlos González, enmarca a actuación na campaña de propaganda do goberno de Javier Bas.
A actuación que nos vindeiros meses se vai desenvolver na zoa de Os Eidos, preto do casco urbano de Redondela, con ser un paso na posta en valor deste entorno, non solventan as verdadeiras expectativas para veciños e veciñas, segundo declaracións do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González.
O principal reto do goberno municipal debe ser o de dar resposta ás demandas veciñais, que no caso de Os Eidos, é a creación de zoas de lecer e esparcemento, por tratarse dunha das de maior medre nos últimos anos, afirma o concelleiro nacionalista.
Este espazo próximo ao centro urbano de Redondela, corre o risco de converterse nun lugar de paso, ante a inminente apertura da Estación do Eixo Atlántico. Para Xoán Carlos González, esta sería unha situación pouco desexábel, de aí a oportunidade de teren presentado unha moción no mes de setembro, que o propio goberno apoiou, e que agora incumpren.
Unha vez consultado o proxecto que agora vai desenvolver o goberno municipal, tampouco queda claro que se cumpran todos os requisitos de seguridade viaria, na que nós viamos necesaria a construción de varios lombos, para reducir a velocidade, que se pode ver incrementada, co novo asfaltado. Lembramos que neste espazo tamén se ubican tres escolas infantís, polo que o movemento de cativos e cativas coas súas familias, é moi intenso.
Enmarcamos esta actuación dentro da campaña de publicidade e propaganda iniciada hai semanas polo goberno de Javier Bas. Dispoñen da partida dende finais do verán, e a principios do 2015 aínda non encomezaron as obras, apunta o concelleiro nacionalista.
Dende o BNG insistimos na necesidade de cubrir a demanda de puntos de encontro entre a veciñanza, de lecer e esparcemento, coas medidas de seguridade viaria, para que @s veciñ@s gañen espazo aos coches, rematan na súa nota.