O BNG considera unha “oportunidade perdida” na posta en valor do Cruceiro de A Raíña de Cedeira.

Cruceiro da A Raíña en Cedeira.
O BNG considera unha “oportunidade perdida” na posta en valor do Cruceiro de A Raíña de Cedeira.

“O asfaltado incidiu negativamente na situación dun dos cruceiros máis emblemáticos da parroquia”, segundo o noso concelleiro Xoán Carlos González.

As recentes obras de renovación do saneamento no entorno do Centro Cultural de Cedeira, son valoradas positivamente polo BNG. No seu día, o Consello Parroquial respaldou esta obra, que recibiu unha subvención da consellaría de Medio Rural.

Mais o asfaltado do entorno do “Cruceiro de A Raíña” motivou o interese do BNG. “Para nós un elemento tan singular do patrimonio cultural de Cedeira, non foi tratado co necesario interese polo goberno de Javier Bas”, afirma Xoán Carlos González. Consideramos que “perdeuse a oportunidade de que un cruceiro destas características fora posto en valor”.

 

Entorno inmellorábel

O coñecido como Cruceiro de A Raíña, data de finais do século XIX, formando parte dun rico patrimonio etnográfico e cultural dun entorno que para o BNG, é moi singular. Xunto á fonte, da que aínda hoxe moitos veciños e veciñas fan uso,  e o lavadoiro que deu servizo durante décadas, conforman un conxunto que “debe poñerse en valor”. As intervencións  que se realicen, por moi pequenas que sexan, deben ser moi coidadosas.

Destaca o concelleiro nacionalista, que o espazo no que está situado o Cruceiro constitúe un dos centros neurálxicos parroquiais; co Centro Cultural, o Colexio Público e a Igrexa, nas inmediacións. “A rehabilitación do Cruceiro de A Raíña, pode converterse para moitos veciños e veciñas, e especialmente para moitos nenos e nenas, nun exemplo de recuperación do patrimonio cultural”.

Neste caso a intervención realizada polo goberno de Javier Bas é o exemplo de todo o contrario. “Levar o piche á propia base do cruceiro, non vai máis que a propiciar o seu deterioro”, afirma Xoán Carlos González.

“Fronte á política de piche e asfalto que postula o goberno municipal, o BNG aposta por unha recuperación integral de espazos para uso e gozo dos cidadáns”

Cruceiro de A Raíña en Cedeira.

O BNG considera unha “oportunidade perdida” na posta en valor do Cruceiro de A Raíña de Cedeira.