Solicitude do Consello Parroquial de Saxamonde para a construcción de Rotonda no Alto dos Valos.

Solicitude do Consello Parroquial de Saxamonde para a construcción de Rotonda no Alto dos Valos.

O denominado cruzamento de estradas N-550 e EP 2906, nos límites entre os concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Mos, no Alto dos Valos, tense convertido nun dos puntos negros da rede viaria da provincia. Cunha intensidade media diaria que supera os 9.000 vehículos, as incorporacións ou cruzamentos que se realizan ao longo do día convértense en maniobras que poñen en risco a seguridade de conductores/as, e mesmo peóns. A instalación dun límite de velocidade de 50km/h, xunto a un radar, supón unha medida que só en parte mitiga esta situación de perigosidade.

A perigosidade deste cruzamento non só se debe á confluenza de varias estradas de alta densidade. Ademáis existe un importante número de vehículos pesados que a cotío atravesan o Alto dos Valos para circular en sentido Pontevedra, ou en sentido O Porriño/norte de Portugal.

Cómpre ter en conta que neste punto ubícase un importante núcleo de poboación limítrofe entre os concellos de Redondela e Mos. Unhas trinta vivendas en menos de 200m. Diariamente os veciños e veciñas do Alto dos Valos, teñen que soportar o paso de máis de 9.000 vehículos dos que algo máis de 1.100 son camións de alto tonelaxe.

cantidade de tráfico, vendo alterada a súa calidade de vida.

As competenzas sobre a estrada nacional recaen no ministerio de Fomento. As competenzas sobre a provincial, na Deputación de Pontevedra. Coñecedores de que varias forzas polítiicas teñen presentado iniciativas nos orzamentos do estado en diversos exercizos.

Despois de décadas vendo deteriorada a súa calidade de vida, os veciños e veciñas da zoa seguen soportando esta situación, agravada nos últimos anos por un aumento na intensidade de tráfico. Cómpre xa que se poñan medidas enriba da mesa para solventar esta problemática de seguridade viaria do concello de Redondela.

Dende o consello parroquial de Saxamonde consideramos como máis viábel para a solución do problema da seguridade viaria no Alto dos Valos a construcción dunha rotonda.

O acordo entre os diversos coleitivos e forzas políticas prantéxase como necesario para poder acadar o obxectivo de eliminar este punto negro da rede viaria. Do mesmo xeito, o concello debe presionar a Fomento e Deputación para que negocien a construcción da debandita rotonda.

Por todo isto o Consello Parroquial de Saxamonde, acorda:

  1. Demandar de todos os grupos políticos que poñan en marcha as xestións pertinentes para solicitar unha partida nos vindeiros Orzamentos Xerais do Estado, para a construcción dunha rotonda no Alto dos Valos.
  2. Demandar do goberno municipal, que inicie as xestións pertinentes para que o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra, cheguen a un acordo para a construcción dunha rotonda no Alto dos Valos, e as conseguintes melloras na seguridade viaria na estrada.
  3. Debater esta demanda do Consello Parroquial de Saxamonde, na sesión plenaria correspondente.

 

Urxe unha rotonda nesta estrada ante o perigo para peóns e vehículos.

 

Saxamonde, xuño de 2014.

Solicitude do Consello Parroquial de Saxamonde para a construcción de Rotonda no Alto dos Valos.