Grazas ao BNG, por vez primeira fálase de República Galega no Pleno de Redondela.

Grazas ao BNG, por vez primeira fálase de República Galega no Pleno de Redondela.

Foi na defensa dunha das mocións de urxencia presentada polo Grupo Municipal do BNG, que reclamaba o debate en Pleno dunha moción sobre o dereito a decidir dos pobos. Xoán Carlos González, concelleiro nacionalista fixo referencia á necesidade de poñer en marcha todos os medios e recursos para que o pobo galego tamén tivera o dereito a decidir sobre o modelo político que debe rexer as nosas vidas.

Na argumentación, referiuse a que a vella monarquía naceu como filla da ditadura. Os pactos entre coroa, dereita española, PSOE, e outras forzas como o Partido Comunista, permitiron a creación dunha Constitución e un modelo monárquico e parlamentario, moi pouco democrático.

Deste xeito o nacionalismo leva a todos os concellos do País, unha Moción na que se demande o libre exercicio do pobo galego a elixir por outros modelos aos establecidos. Nun contexto no que se pretende perpetuar un modelo que impide o desenvolvemento das nosas capacidades como nación, un modelo, no que se consagra unha constitución inmobilista. Un modelo, no que se pretende perpetuar unha dinastía, non electa democraticamente, como xefatura do estado.

O que a cidadanía galega precisa é liberdade e capacidade para decidir. E nese espazo verdadeiramente democrático, onde se garanta o dereito de autodeterminación dos pobos, non ten cabida ningún rei. Xúlgase importante que se inicie un proceso constituínte, baseado na soberanía dos pobos, onde Galiza sexa referente político.

“O BNG defende os procesos de autodeterminación de todos os pobos do mundo. Tamén dos pobos que forman parte do Estado, e como non aspira e traballa para que o pobo galego exerza o seu lexítimo proceso de autodeterminación, que culmine na institución da  República Galega”. Con este manifesto, dirixiuse o concelleiro nacionalista ao salón de Plenos, como máximo órgano da representatividade veciñal no Concello de Redondela.

A moción, que debaterase nunha futura sesión plenaria, recolle un único acordo “Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado Español o inicio dun proceso constituínte onde as nacións sexan o referente político, para garantir o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman o Estado Español recoñecendo o noso dereito a decidir”.

1979725_641829435866689_5254570393396784162_n

Grazas ao BNG, por vez primeira fálase de República Galega no Pleno de Redondela.