Concentración no Concello. Unha nova oportunidade para rexeitar a violencia de xénero.

Concentración no Concello. Unha nova oportunidade para rexeitar a violencia de xénero.

Como todos os primeiros luns de mes, segundo acordo do Consello Municipal da Muller, tivo lugar a concentración ás portas do Concello. Nesta oportunidade, a vogalía da Muller da Asociación De Veciñ@s de Negros, foi a encargada de ler o manifesto.

Destacouse a necesidade de rexeitar a violencia de xénero en todas as súas dimensións, deténdose na necesidade de que o conxunto da sociedade debe illar aos maltratadores. Lanzouse unha mensaxe de apoio a todas as mulleres maltratadas, non só fisicamente.

Na mente de todos, presente a última vítima deste xeito de terrorismo. Unha muller de orixe rumana quen foi asasinada a mans do seu compañeiro.

Dende o BNG seguimos acreditando na necesidade de apoiar este tipo de concentracións. Cómpre visualizar diante do conxunto da veciñanza, que non se debe baixar a garda en canto á violencia machista.

Esiximos do goberno do estado e da Xunta de Galiza que poña enriba da mesa verdadeiras medidas para acabar con esta violencia asasina, que está deixando algo máis dunha muller asasinada por semana.

 10168184_650478151668484_286610665323934545_n

Concentración no Concello. Unha nova oportunidade para rexeitar a violencia de xénero.