O BNG considera que as obras do museo “respostan ao calendario eleitoral de Digna Rivas”.

Xoán Carlos ANP (1)
Xoán Carlos González: "Non todo vale na campaña electoral"

Xoán Carlos González, “as obras estiveron detidas desta Fase I, tres meses porque o goberno modificou o proxecto orixinal”

 

O BNG considera que as obras do museo “respostan ao calendario eleitoral de Digna Rivas”.
As obras de renovación dunha parte das antigas vivendas escolares da Marisma de Redondela, sufren constantes variacións pola improvisación do goberno de Digna Rivas. Segundo os e as nacionalistas, a obra obedece “ao calendario eleitoral da alcaldesa, que pretende chegar cos tempos axustados á campaña das municipais”.
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González recorda que “atopámonos ante o inicio da Fase I da obra”. Finánciase vía Fondos Europeos cun orzamento total de 475.000€, cun plazo de execución da obra de 9 meses.
Segundo o voceiro nacionalista, no expediente de contratación recóllese que “ a obra mantívose paralizada ata tres meses por un cambio de criterio do goberno de Digna Rivas”. 
Aclara o edil que o proxecto inicial recollía a construcción dun museo e dunha biblioteca, para o que se solicitaron todo tipo de autorizacións. Xa iniciada a contratación, o goberno de Digna Rivas, “decide cambiar a proposta renunciando á biblioteca”. En novembro de 2022, o concello recibe un requerimento da Subdirección Xeral de Patrimonio do Estado no que se lle solicita nova documentación ao Concello, o que retrasa as obras.
Segundo Xoán Carlos González, “a improvisación e os cambio de criterio do goberno de Digna Rivas, levaron á paralización durante tres meses da construcción do museo”. Considera que se careceu da debida planificación do que se quería facer nestas vivendas escolares. “No debate plenario de febreiro de 2021, xa prantexabamos que había que redimensionar a proposta de biblioteca para respostar ás necesidades de Redondela”.
“Por mor das obras realizadas en Redondela, dende o BNG solicitamos que o concello delimitara unha Senda Escolar Segura, iniciativa que o goberno de Digna Rivas, non considerou prioritaria”. Considera Xoán Carlos González que, debeuse garantir dende o primeiro momento todas as medidas de seguridade tanto para a comunidade educativa do IES San Simón como do resto dos escolares que a diario atravesan ese entorno.
O BNG considera que as obras do museo “respostan ao calendario eleitoral de Digna Rivas”.