O BNG defende unha feira de artesanía nas festas de nadal en Chapela

IMG-20250701-WA0001
O voceiro municipal Xoán Carlos González.

Xoán Carlos González Campo: "Pode converterse nun elemento dinamizador da economía local e atraínte para visitantes".

 

O BNG defende unha feira de artesanía nas festas de nadal en Chapela
Xa no ano 2024, o grupo municipal nacionalista pliantexou ao goberno de Digna Rivas instaurar unha Feira de Artesanía en Chapela aproveitando as Festas de Nadal. A resposta non puido ser máis decepcionante, posto que a alcaldesa nin se molestou en respostar, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo. Na programación deste ano tampouco se contempla esta posibilidade.
Lonxe de abandonar o proxecto dende o BNG consideran que se deben dar pasos en firme para instaurala. Consideramos que a Feira de Artesanía en Chapela pode converterse nun foco dinamizador da nosa economía local”. Entende o voceiro nacionalista que podemos mudar as dinámicas, atraendo visitantes mesmo de Vigo. Considera que a situación privilexiada desta parte do concello de Redondela, debe ser aproveitada con novas dinámicas.
A Feira de Artesanía, facilitaría que moitos e moitas artesáns da nosa bisbarra puxeran no mercado productos de calidade, difíciles de atopar nas liñas máis comerciais. Como xa sucede noutras feiras, estableceríase a transacción directamente sen intermediario ningún.
Considera Xoán Carlos González Campo que é hora xa de cambiar mentalidades, temos que por en xogo todas as nosas potencialidades e aproveitar a nosa cercanía á maior cidade de Galiza. Defende que Redondela, e en particular Chapela pode ser moi atraínte para concellos veciños.
As Festas do Nadal convértese nun bo momento para desenvolver estas políticas dinamizadoras da economía local. Dende o Bloque Nacionalista Galego, seguirán traballando para actuar dende o próximo goberno municipal na instauración da Feira de Artesanía.
O BNG defende unha feira de artesanía nas festas de nadal en Chapela