O BNG denuncia o desinterese do goberno de Digna Rivas co VIOXEN
Jéssica García: "Durante meses aplicaron a política de brazos cruzados cun servizo que protexe ás mulleres vítimas de violencia de xénero e aos cativos e cativas."
01 dec. 2025 - 14:06
Dende a organización nacionalista denuncian a actitude irresponsábel do goberno de Digna Rivas co servizo de protección das vítimas de violencia, VIOXEN. Un servizo no que a policía local apoia a arredor de 35 mulleres, e outras tantas sono da policía nacional. O concello recibe recursos para desplegar medios que permitan unha atención de calidade ás vítimas.
Pola súa banda a concelleira do BNG Jéssica García recorda que durante meses advertíuse dende a policía local da necesidade de dispor de máis recursos para o apoio ás mulleres nas primeiras horas tras interpoñer denuncia, e non se fixo nada. Durante meses malia estas advertencias, o goberno de Digna Rivas aplicou a política de brazos cruzados e mirar para outro lado. Un servizo que se presta tanto ás mulleres como aos seus fillos e fillas que se ven obrigadas a abandonar o seu fogar por mor dun maltratador, afirma.
Relata que ata que se pasa ao xulgado de violencia durante varios días, nin elas nin os seus fillos carecen de vivenda onde pasar varias noites, mesmo de que se poida facer cargo dos cativos e cativas mentras a súa nai presta declaración. Á situación traumática de agresividade que se vive no fogar, e que as leva a ter que solicitar a atención da policía, engádese a que se carece de recursos onde poder vivir uns días, aclara.
Jéssica García lamenta que sabedora desta situación, advertida polos profesionais a alcaldía, Digna Rivas renunciou a tomar calquera iniciativa. A cuestión é aínda máis grave cando a proposta de creación dunha vivenda de apoio empregouse como moeda de cambio para negociar co BNG o apoio a unha iniciativa do goberno municipal no pleno de outubro. “Cuestión que rexeitamos, mesmo consideramos inmoral", sentencia.
Califica de cínica a actitude da alcaldesa que soamente decidíu presentar un fogar de apoio “cando denunciamos nos medios de comunicación esta carencia. Recorda finalmente que xa en novembro do 2024 plantexamos dotar con máis persoal o VIOXEN, cuestión á que nin se molestaron en estudar.