O BNG presenta emendas para unha humanización completa da Avenida de Mendinho.

IMG-20251028-WA0003
Avda de Mendinho.

Xoán Carlos González, "rexeitamos que a obra se aproveite para un enfrentamento entre a Xunta e o Concello”

 

O BNG presenta emendas para unha humanización completa da Avenida de Mendinho.
O período de alegacións dos Orzamentos da Xunta de Galiza foron aproveitados pola organización nacionalista para demandar unha maior dotación económica da obra de renovación da Avenida de Mendinho. Segundo os datos que manexan, a zona cercana ao Peirao de Cesantes non se recuperaría para as persoas. A parte da rúa do Centro de Saúde convertiríase nun aparcadoiro, ademáis de non contemplar o carril-bici.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González anuncia a proposta de aumentar o orzamento da obra en 600.000€ presentada os pasados días para que “a humanización de toda a Avenida de Mendinho sexa real. 
Pretendemos que a Avenida se convirta nun exemplo de recuperación dun espazo na actualidade moi degradado, para o uso de todos e todas, explica. Iso significa que ademáis de converterse nun acceso seguro a centros educativos, deportivos e sanitarios, a veciñanza de Catapeixe tamén saia beneficiada.
Rexeita que a humanización sexa aproveitada por PSOE e PP, para escenificar un enfrontamento ficticio. O modelo de humanización destes dous partidos, basicamente é o mesmo; substituír beirarrúas e farolas, asfaltar e pintar aparcadoiro. Un modelo caduco e esgotado, considera.
A proposta do BNG levaría a superar os 2.000.000 de euros na inversión total da obra. Indica que segundo a información que manexan o treito arredor ao Centro de Saúde convertiríase nun aparcadoiro, e na zona cercana ao Peirao as beirarrúas non medrarían para mellorar o entorno. Prlantexamos que a reforma chegue por igual a toda a veciñanza e non unhas zonas de primeira e outras de segunda, afirma. 
Critica a falla de ambición do goberno de Digna Rivas para que o proxecto inclúa propostas beneficiosas para os vecinos e veciñas no seu conxunto
Outra das propostas nacionalistas para incluír no proxecto refírese ao carril-bici. Con este aumento do orzamento pretendemos que se inclúa o que permitiría enlazar co futuro Paseo da Praia, sinala o edil.
Outro dos elementos cos que marcan distancias na proposta da obra reside no cambio da arboreda máis cercana aos centros educativos. Se tal como se pretende, vaise realizar unha substitución completa, dende o BNG demandamos que se limite a individuos moi concretos.
Pon o foco da proposta nacionalista, Xoán Carlos González en convertir a Avenida de Mendinho nun vial pensado por e para os nosos veciños e veciñas, e un modelo a seguir noutras partes do concello.
O BNG presenta emendas para unha humanización completa da Avenida de Mendinho.