O BNG defende os micropolígonos industriais no PXOM de Redondela.

IMG-20240611-WA0001

Xoán Carlos González, “Fomos os únicos que defendemos a creación de chan industrial para garantir o emprego para os nosos mozos e mozas”.

 

O BNG defende os micropolígonos industriais no PXOM de Redondela.
Dende a organización nacionalista realizan unha análise do Plan Xeral, actualmente en periodo de alegacións, que dende o punto de vista de dotación de chan industrial amosa importantes eivas. Defenden a creación de micropolígonos industriais en diversas zonas do concello o que permitirá a ordenación da actividade de empresas de Redondela e a instalación doutras novas. 
Pola súa banda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González recordou que xa no pleno de febreiro na que se debateu o Plan Xeral argumentou a necesidade de dotar a Redondela destas áreas. “O noso principal obxectivo é garantir que moita da nosa xente moza teña oportunidades de emprego no noso concello”, sinalou. Considera que estas áreas permitirían que empresas de Redondela e de fóra se instalen en chan ben ordenado urbanísticamente
Estos micropolígonos que poderían albergar non máis dunha ducia de empresas, contarían con todos os servizos de tratamento de resíduos, actividades de baixo impacto, con enerxías verdes, boas infraestructuras, “mesmo facilitarían a mobilidade dentro do concello”. A situación estratéxica de Redondela constitúe unha garantía de éxito para que estas empresas se instalen baixo as condicións marcadas polo concello. Anuncia que dende o BNG van presentar unha alegación nesta liña para que se busque espazos para a instalación destos micropolígonos. 
“Redondela tén que contar coa actividade industrial que debe atraer empresas que sexan exemplos co tratamento respetuoso do noso medio natural, complementarias con outras actividades”. Afirma que o futuro económico de Redondela pasa polo equilibrio entre preservación do medioambiente, actividade comercial, turismo non estacional, actividade artesanal do mar, dotación de vivenda de promoción pública, mellorar a conectividade e creación de pequenas áreas industriais. 
No debate plenario o voceiro nacionalista xa falou de “chan industrial de mala calidade áreas poboadas, mesmo a carón dun colexio como o de Portocabeiro con difícil orografía, ou malos accesos ás vías de comunicación” Botoulles en cara a PP e PSOE a súa falta de rigor no debate do PXOM “e agora por presións mediáticas falen da necesidade introducir modificacións”. “Rexeitamos que tanto PP como PSOE falen que se trata dun documento técnico cando os piares básicos emanan de criterios políticos”.
O BNG defende os micropolígonos industriais no PXOM de Redondela.