Eleccións Europeas ‘24. En Redondela o BNG afianza o seu medre.

IMG-20240611-WA0000

O apoio á candidatura encabezada por Ana Miranda pasou do 11% no 2023 ao 20% no 2024

 

Eleccións Europeas ‘24. En Redondela o BNG afianza o seu medre.
2558 votos os acadados pola organización nacionalista nas eleccións do 9 de xuño, o que supón unha suba de preto  de 800 votos. O BNG converteuse novamente na forza que máis medrou no noso concello, en concreto en 9,56 puntos, un 1% do PP.
Tén máis mérito aínda se cabe esta suba, se observamos o contexto antielectoral que a rodeou. Os grandes partidos PP, PSOE, manexando ao seu antollo os medios de comunicación públicos. Os medios de comunicación privados, polarizando as mensaxes segundo o partido co que estiveran aliñados. Nesta dura campaña, a organización nacionalista foi quen de mobilizar á súa base militante e simpatizante. 
Estamos seguros que temos marxe para seguir medrando porque en Redondela diversos colectivos e sectores sociais ven no BNG un referente para deseñar un novo concello.
Consolídase o proxecto do Bloque Nacionalista Galego en Redondela, continuando a liña ascendente das últimas convocatorias electorais. Nas eleccións municipais do 2023, duplicouse a porcentaxe pasando do 8,2 ao 16,1%. Nas estatais pasando dun 7 a un 11%. O resultado máis espectacular o obtido nas eleccións galegas ‘24 cando se acadou o 40%, gañando no noso concello.
Os apoios que se están a recibir son considerados como reforzar a confianza na liña de traballo que desenvolvemos no noso concello. Unha liña de traballo baseada na responsabilidade, estar en todas as problemáticas, manter un contacto estreito con veciñanza e colectivos, realizar propostas que teñan en conta os intereses colectivos. Mantemos ese compromiso para os vindeiros anos. 
Eleccións Europeas ‘24. En Redondela o BNG afianza o seu medre.