A traverso de diversas iniciativas presentadas polo deputado nacionalista, Néstor Rego, o BNG, pretende coñecer os pormenores da obra de instalación de Pantallas Acústicas, na autoestrada en Chapela. “Demandamos celeridade na obra, para reducir a contaminación acústica que está a padecer dende hai décadas os veciños e veciñas”, concreta o edil nacionalista.
Mais as novas que manexan dende a organización nacionalista, non son nada alentadoras. Trasladóusenos que nunha xuntanza da alcaldesa, Digna Rivas coa comunidade educativa do IES Chapela, afirmou que as pantallas acústicas construiríanse de formigón. “No Bloque Nacionalista Galego, non imos quedar de brazos cruzados mentras se volve a agredir á parroquia”, sinala Xoán Carlos González. Alerta que esta opción crearía un enorme balado no medio e medio da parroquia cun negativo impacto. “Nalgúns treitos onde a autoestrada vai xa sobre enormes balados, sumarlle estas pantallas consituiría un novo episodio de desprezo perpetrado dende o Ministerio”.
Sospeita o edil, que como sucedeu co Proxecto de Reposición de Viais, o proceso de alegacións se abra en pleno mes de xullo e agosto, co que a resposta política e veciñal, vese enormemente mermada”.
Para coñecer cal é a proposta, o deputado Néstor Rego, presentou varias preguntas por escrito no Congreso dos deputados e deputadas. Acompañou cunha Proposición non de Lei, para ser debatida na Comisión de Transportes, Movilidade y Agenda Urbana. “Preténdese comprometer aos responsábeis do Proxecto, para que os elementos que se instalen co fin de reducir o impacto acústico da Autoestrada, sexan máis respeitusos co noso medio, e coa veciñanza de Chapela”, afirma Xoán Carlos González.
Outra das cuestións que prantexan dende o BNG, é que o Proxecto recolla a instalación de Pantallas Acústicas, na avenida de Redondela, entre o colexio Alexandre Bóveda e o Alto da Encarnación.
“Dende o BNG traballamos para que a compensación da Autoestrada, redunde directamente na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Chapela, instalando Pantallas Acústicas máis adaptadas ao entorno”, remata na súa nota.