O BNG, demanda un millón de euros para cubrir os patios dos colexios de Redondela.
Dos doce centros educativos nos que se escolarizan nenos e nenas entre os 3 e 14 anos de Redondela, practicamente ningún dispón de patio cuberto. Tan só algúns pequenos espazos, que pouco ou nada serven para actividades de lecer ou deportivas, durante os días de choiva.
Dende o Bloque Nacionalista Galego de Redondela, plantexouse unha emenda aos orzamentos da Xunta para o ano 2021, que pretende paliar en parte esta carenza. A administración competente nesta materia, posto que se trataría de obras maiores, é o goberno galego.
Un millón de euros para construír estes patios, que se xa de por si son necesarios en condicións normais, moito máis nunha situación de crise sanitaria como a actual. Os pequenos e pequenas, necesitan espazos para relacionarse, espazos de encontro, de xogo, … Moitos deles e delas están a sufrir durísimas restricións, polo que o entorno escolar cumpre unha dobre función: a educativa e a de esparcemento e lecer.
Coa insensibilidade que o caracteriza, o Partido Popular, co deputado Alberto Pazos na cámara galega, votou en contra desta iniciativa, sen ter en conta as nosas argumentacións. A promesa de construción do patio cuberto do colexio Santa Mariña, fora unha das farsas orquestradas por Javier Bas, cando era candidato á alcaldía no ano 2011. Mentiras que o paso do tempo, certificou. Vólveselle dar as costas ao ensino público.