Xoán Carlos González, demanda cribados e vacinación en Redondela

IMG-20210129-WA0056
Colapso nas probas da PCR do Cunqueiro.
Xoán Carlos González, demanda cribados e vacinación en Redondela

O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego, despois de ter certificado  numerosos inconvintes que lle supuxo a parte da veciñanza, o feito de ter que desprazarse a centros hospitalarios como o Meixoeiro ou Álvaro Cunqueiro, demandou que se habilitaran fórmulas para que as probas se realizaran en Redondela. “O exemplo máis inmediato tivémolo co cribado que se realizou a alumnado do IES Mendinho. Chegaron a ter que agardar ata hora e media para realizar as probas. Deste xeito, sobresatúrase as zoas de control, coas consabidas molestias”, sinalou o voceiro nacionalista.


Outra cuestión que destaca o edil nacionalista, consiste en que non todo o mundo dispón de vehículo particular, para poder facer desprazamentos dos exixidos polas autoridades sanitarias. “Débese ser facilitador destas probas, non poñerlle maiores obstáculos á poboación”, entende.
Nunha carta dirixida á alcaldesa, instouna a que realizara as xestións pertinentes para que tanto os cribados da poboación, como as futuras vacinacións facilitaran a asistencia das persoas obxecto de control. “Entendemos que se deben ofertar infraestruturas de titularidade municipal para permitir este control. Pola súa parte o Sergas, debe contar persoal necesario, para que as probas se realicen en Redondela”, apuntou.

Xoán Carlos González, demanda cribados e vacinación en Redondela