O BNG demanda solucións aos semáforos do Viso.

IMG-20250107-WA0010
David Couñago xunto a un dos semáforos do Viso.
David Couñago, “non pode ser que leven tres meses avariados, poñendo en risco a seguridade viaria de peóns e peoas”.
O BNG demanda solucións aos semáforos do Viso.
A estrada provincial que atravesa a parroquia do Viso, PO-6901 constitúe unha importante vía de comunicación entre os concellos de Redondela e Soutomaior, que atravesa por varios núcleos de poboación. 

As limitacións da velocidade impulsadas dende o Bloque Nacionalista Galego co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, contan cunha rede semafórica, limitacións a 30 km/h e reductores de velocidade na zona da Teixeira. Trátase dun punto estratéxico da parroquia onde a antiga escola é utilizada a cotío por ducias de persoas que realizan actividades neste edificio público.

“Que os semáforos situados neste punto estratéxico leven tres meses sen arranxar, constitúe unha irresponsabilidade, que pón en risco a seguridade de peóns e peoas. Exiximos que se arranxen de inmediato”. Nestes termos expresouse o concelleiro nacionalista David Couñago.

“Comprobamos a problemática, falando con veciños e veciñas da Teixeira. Despois de varias semanas dende que presentamos varios escritos ante o concello, o silencio é a única resposta que se nos dá”, informa o edil do BNG.

Considera que se está a xogar coa seguridade viaria, e que non se están poñendo todos os esforzos para darlle solución. “Mentras os veciños e veciñas do Viso teñen que desprazarse por este punto da estrada provincial como medo, cando debería ser todo o contrario”, remata na súa nota David Couñago.

O BNG demanda solucións aos semáforos do Viso.