O BNG denuncia que estudantes redondeláns tardaron tres horas no tren dende Compostela

IMG_20220919_075624
“Obrigáronos a transbordar en Pontevedra para desprazalos ata Vigo e finalmente retornar a Redondela”, afirma o voceiro municipal Xoán Carlos González
O BNG denuncia que estudantes redondeláns tardaron tres horas no tren dende Compostela
De trato “vexatorio e de desprezo absoluto”, cualifican o comportamento da empresa de transportes públicas coas viaxeiras e viaxeiros, na súa maioría estudantes, da liña Compostela-Redondela. Os feitos aconteceron durante o pasado venres 9 de setembro afectando arredor de trinta mozos e mozas. “Unha viaxe que non debería durar máis de hora e media, converteuse nunha auténtica peregrinación de tres”, sinala
Todo transcurría con certa normalidade na viaxe do tren rexional, para aqueles estudantes que decidiron facer uso do ferrocarril ás 16:30h da tarde na estación da capital de Galiza. A hora prevista para a chegada a Redondela do tren rexional era ás 17.45.
Previamente producírase información contraditoria, pois inicialmente avisaran de falta de asentos, para máis tarde anular o aviso. “Sorprendentemente, á chegada á estación de Pontevedra, obrigaron a toda a pasaxe con destino Vigo e Redondela a cambiar a un tren Alvia, que se despraza pola liña do Eixo Atlántico co compromiso de deterse na estación de Eidos, en Redondela”, afirma o edil nacionalista.
Porén, ao chegar a Redondela, o tren non se detivo, continuando ata a estación de Vialia en Vigo, ante a sorpresa e conseguinte enfado dos mozos e mozas redondelás. 
Unha vez que chegaron á cidade olívica, tiveron que xestionar a volta ata a Estación de Eidos, que se produciu sobre as 19 horas.
“O que debería converterse nun desprazamento ao fogar para pasar a fin de semana coa familia, iniciouse cun total desprezo por parte de RENFE”, denuncia o edil nacionalista. Valora Xoán Carlos González, “que é máis que evidente que o transporte ferroviario, segue sendo o que maior interese esperta entre a xente moza, pola súa eficiencia, seguridade e accesibilidade económica. Dende o BNG, imos seguir defendendo este transporte público, cun servizo de calidade”
O BNG denuncia que estudantes redondeláns tardaron tres horas no tren dende Compostela