O BNG denuncia o uso de herbicidas na limpeza do Aeroporto de Vigo

IMG-20210611-WA0004
Fonte xunto ao aeroporto en Vilar.
Xoán Carlos González fala dun “posible atentado contra a saúde, ao empregarse estes productos a escasos metros dunha fonte pública na parroquia de Vilar”.
O BNG denuncia o uso de herbicidas na limpeza do Aeroporto de Vigo
O uso de herbicidas para a limpeza de parte da cabeceira norte do Aeroporto de Vigo, en Redondela, constitúe para a organización nacionalista un feito de extrema gravidade. Entenden que dende o concello débese abrir un expediente para depurar responsabilidades. A problemática afecta igualmente á cabeceira sur en Mos.
O voceiro nacionalista, considera que “se trata dunha actuación que mesmo pode atentar contra a saúde pública pois a escasos metros de onde aplicaron herbicidas, sitúase a Fonte da Lata, na parroquia de Vilar. Deste manantial beben diariamente ducias de veciños e veciñas, e mesmo xente doutras parroquias”.
Segundo explica, a limpeza dos terreos do aeroporto, en Redondela, é máis que deficiente. Grande parte da maleza invade mesmo viais, chegando a ocultar algúns sinais de tráfico. “Supoñemos que o Concello teralle aberto algún expediente ao Aeroporto, como sucede con outros veciños e veciñas”.
Para o edil nacionalista, as administracións públicas deben dar exemplo, mantendo as súas propiedades en correctas condicións. Mais iso non as exime de ser respeituosas co medio ambente. “No caso de que todo o mundo empregase herbicidas, o noso medio natural, e a propia Enseada San Simón, onde finalmente acaban todos estos productos, desaparecería”, considera.
 
Recorda que o Pleno do Concello aprobou unha moción en contra de utilizar estes productos en todo o seu termo municipal. Segundo Xoán Carlos González, detrás do uso de herbicidas atópanse os recortes de fondos para o mantemento do Aeroporto de Vigo. “Atopámonos ante unha situación gravísima e unha imprudencia. Coa saúde dos veciños e veciñas non se pode xogar deste xeito. Chegaremos ao fondo do asunto. Non pode ser que Redondela siga sufrindo o impacto negativo desta infraestructura”, remata na súa nota.
 
 
O BNG denuncia o uso de herbicidas na limpeza do Aeroporto de Vigo