Deterioro da Sanidade Pública en Redondela: agrávase en Pediatría.

IMG-20200904-WA0036

Os cativos e cativas adscritos ao Centro de Saúde de Redondela, volven sufrir o deterioro das restricións do Sergas. Obríganos a ser atendidos por “urxencias”, polo que se lles debe facer unha PCR.

Deterioro da Sanidade Pública en Redondela: agrávase en Pediatría.

Dos catro facultativos e facultativas, que atenden neste centro, un deles compartido con Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, soamente dous exercen neste momento. Unha destas prazas, non foi cuberta por substituto ou substituta, co que as súas cartillas repartíronse entre as súas compañeiras. Deste xeito, sobresatúrase a actividade das pediatras, co que se deteriora a atención aos cativos e cativas.

“A cita telefónica, xa non se lle presta, e a presencial, simplemente unha quimera”, sinala o voceiro municipal Xoán Carlos González.

“Estamos ante un novo deterioro da sanidade pública. A saúde dos nosos veciños e veciñas, neste caso dos pequenos e pequenas, está en mans de xestores, co que se pode comprobar as prioridades do Sergas”, apunta.

Recorda que o Partido Popular de Redondela, votou en contra dunha Moción presentada polo BNG, na que se instaba ao Sergas a dotar de máis persoal aos Centros de Saúde redondeláns.

Deterioro da Sanidade Pública en Redondela: agrávase en Pediatría.