O BNG esixe maiores medidas de seguridade viaria en Vilar.

Anxo Lusquiños, Jessica García e Xoan Carlos González
O BNG esixe maiores medidas de seguridade viaria en Vilar.

As obras da estrada PO 2906, van supoñer unha mellora nas condicións para o tráfico rodado. O BNG, prioriza a seguridade viaria dos veciños e veciñas, demandando a inclusión no Proxecto de renovación, de polo menos, sete lombos nesta zoa.

A obra de renovación da estrada provincial que comunica o Alto dos Valos, coa parroquia de Guizán, no concello de Mos, van supoñer un cambio importante na fisionomía dunha importante parte de Vilar. En total vanse investir 1 millón de euros, dos que o Concello, por acordo plenario, aportou 200.000.

No seu momento o BNG, estudou a fondo o Proxecto construtivo, observando dúas importantes carencias. En primeiro lugar, que arredor duns 200m. da zoa, non ían ser urbanizados. Por outra, que soamente se prevían tres pasos de peóns, en algo máis de 1,5 km. dos que se ían a renovar.

Inmediatamente membros da organización nacionalista, mantiveron xuntanzas con representantes da AA.VV. para transmitirlles a súa preocupación sobre estes dous aspectos.

En xuntanzas posteriores, acadouse o compromiso de que se ían incluír na urbanización, esta parte que, en principio quedaba fóra.

Mais, revisado o Proxecto definitivo, dende o BNG, volvemos a amosar a nosa preocupación pola seguridade viaria. Para o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, “trátase, o da seguridade viaria, dunha prioridade para nós. Estudamos o que se vai facer definitivamente, e en ningún sitio especifica que se vaian instalar sete lombos. Non pasamos porque non se instale un número de sete, e obrigatoriamente un no entorno do parque infantil. Apoiamos que se mellore o firme da estrada, que se retiren os valados, e que se renoven as conducións de auga, o sistema eléctrico, … mais cómpre que se comprometan a dotar estes 1,5 km. de estrada renovada con pasos de peóns, e segundo observamos, isto non está así”.

Pola súa banda, Jessica García, veciña de Vilar, e candidata nº2 na lista do BNG, afirma que asegura que dende o punto de vista da conservación do patrimonio, hai dous aspectos que se perden. “Por unha parte os valados tradicionais, feitos de cachotes, e tan distintivos desta zoa de Redondela. Agora uniformízase coa construción de valados de granito gris. Por outra banda, tampouco estamos de acordo en que no Proxecto afírmese que non existen elementos artísticos e culturais salientábeis, posto que por esta zoa pasa o Camiño Portugués, empregado anualmente por miles de persoas”, afirma Jessica García.

Finalmente, dende o BNG, agardamos que a presión veciñal, leve a unha modificación do Proxecto, e finalmente se instalen os sete lombos comprometidos.

 

Anxo Lusquiños, Jessica García e Xoan Carlos González

 

O BNG esixe maiores medidas de seguridade viaria en Vilar.