O BNG esixe que os traballadores municipais se encarguen da recuperacións de fontes e lavadoiros.
Consideramos innecesario un gasto de 6.000 euros, cando podería ser feita polo Concello.
O Grupo Municipal do BNG de Redondela, coñeceu dunha concesión a unha empresa para a recuperación da fonte e lavadoiro do Souto no barrio de A Quintana en Reboreda. Trátase dunha actuación que afectou tanto ao lavadoiro como á propia fonte. Tendo en conta o informe do arquitecto técnico do concello, recollíanse os diferentes elementos a recuperar.
Na memoria das intervencións que neste lavadoiro se debían levar a cabo concretábase en diversos elementos como a impermeabilización , construción de pequenos muretes, instalación de tapas de granito para o lavado, etc.
Dende a organización nacionalista descoñecemos cales foron os motivos polos que a concelleira de parques, xardíns e limpeza viaria elaborou a proposta para o arranxo de dito lavadoiro a cargo dos orzamentos do concello, que finalmente se lle encargou a unha empresa allea ao Concello.
Consideramos, dende o BNG, que o traballo de recuperación do lavadoiro, segundo as características da intervención, podería ter sido feita perfectamente por operarios municipais.
Por todo isto dirixímonos ao alcalde en funcións, Javier Bas, para que se nos aclaren tódalas dúbidas:
¿Cal foi o motivo de que se encargara dita concelleira de emitir o informe, no canto do concelleiro de obras? ¿Cales foron os motivos para que dita obra fora encargada a unha empresa, no canto de seren acometida por operarios municipais? ¿Vai continuar o goberno municipal contratando con empresas a realización de obras que poden ser feitas por traballadores do concello?
Dende o GM, constatamos unha vez máis como a intención do goberno de Javier Bas, consiste en que diferentes actuacións, que poderían ser asumidas por traballadores municipais, deban ser feitas por empresas.