POLO EMPREGO NA NOSA COMARCA! Mobiliazación da CIG.

POLO EMPREGO NA NOSA COMARCA! Mobiliazación da CIG.

Unha nova mobilización convocada pola central nacionalista CIG, tivo lugar esta cuarta feira na cidade de Vigo. Dende a Vía Norte e ata o edificio administrativo da Xunta, preto de dez mil manifestantes demostraron unha vez máis o pulso na rúa contra as medidas neoliberais dos gobernos do PP.

Nunha manifestación, que como recordaba o secretario comarcal da CIG, Serafín Álvarez, “tamén serve de apoio aos compañeiros e compañeiras de Ferrolterra que acadaron un paro histórico dunha das comarcas máis industrializadas do País”.

Os miles de manifestantes chegados dende diferentes partes do sur da provincia, viñeron a demostrar unha vez máis, que aínda que a dereita e a complicidade dos sindicatos de corte españolista, na Galiza imos a paralos. Futuro para unha comarca, como a de Vigo, cun importante peso industrial, máis tamén para os servizos públicos. Un sindicalismo nacionalista e de clase, combativo ao que non lle van doer prendas para enfrontar as políticas antisociais dos gobernos da UE, estado español e galego.

Na súa intervención, o secretario xeral da CIG, afirmou que “nin os medios de comunicación ao servizo do poder, como o Faro de Vigo, van a acalar a acción social e reivindicativa do nacionalismo galego”.

Uns 50.000 parados e paradas en todo o sur da Provincia, miles de familias que carecen de calquera tipo de subsidio ou axudas, perda de carga de traballo no naval, desmantelamento dos servizos públicos, miles de mozos e mozas na emigración. O panorama poida que sexa desalentador, mais dende o nacionalismo séguese a traballar pola viabilidade do País. Así se expresou na súa intervención Serafín Álvarez.

Aproveitou a ocasión para recordar a todos os asistentes que a CIG, está traballando para a convocatoria dunha nova Folga Xeral no País, contando ou non co apoio dos sindicatos  españois.

A manifestación contou co apoio e presenza do Bloque Nacionalista Galego. Militantes de Redondela tamén participaron nesta nova mostra de loita na rúa contra as medidas neoliberais do goberno español e da Xunta.

[gallery link="file" order="DESC" columns="2" orderby="title"]

POLO EMPREGO NA NOSA COMARCA! Mobiliazación da CIG.