O BNG insiste na demisión do presidente do Consello Parroquial de O Viso.

O BNG insiste na demisión do presidente do Consello Parroquial de O Viso.

Baseamonos no engano ao informar ao Consello.

Despois de varias semanas sen que por parte do alcalde, Javier Bas, se deran pasos, o Bloque Nacionalista Galego segue demandando a dimisión do presidente do Consello Parroquial de O Viso. “No seu día acreditamos na súa palabra, mais dende o momento en que se demostra que mentiu, non imos parar ata que dimita ou sexa destituído”, segundo declarou o representante do BNG no Consello, Anxo Lusquiños.

A problemática do espello, viuse agravada nas últimas semanas ao  producirse dous accidentes neste punto negro. “Isto confirma que as demandas de colectivos e do BNG, estaban totalmente xustificadas”.

Despois de varios meses, esperando por unha solución ademais de informar de xeito tendencioso, non se moveu ficha para solventar a necesidade de melloras nas condicións de seguridade viaria nesta parte da parroquia de O Viso.

Igualmente lamentamos dende o BNG, que se quixera desviar a atención sobre as responsabilidades de cada quen. No pasado Pleno, a Agrupación de Electores solicitou a comparecencia de Jesús ... Tanto uns como outros faltáronlle ao respecto aos membros do Consello Parroquial, pois debería ser neste foro onde se deran as correspondentes explicacións.

Dende a organización nacionalista rexeitamos calquera tipo de manipulación dos órganos de representación municipal e parroquial. Recordamos tamén a necesidade de recuperar o protagonismo nas parroquias a traveso de consellos como os de O Viso.

Incorporación perigosa en O Viso

O BNG insiste na demisión do presidente do Consello Parroquial de O Viso.