O BNG exixe ao goberno de Digna Rivas que repoña os cargadores públicos de vehículos eléctricos.

IMG-20250729-WA0002
Cargadores sen funcionamento en Redondela.

Xoán Carlos González, “Ninguén do goberno se responsabiliza da falta dun servizo que leva dous meses sen funcionar”.

 

O BNG exixe ao goberno de Digna Rivas que repoña os cargadores públicos de vehículos eléctricos.
Dende hai dous mese os cargadores de vehículos eléctricos instalados en varias rúas de Redondela deixaron de funcionar. En concreto trátase dos cargadores públicos situados en Chapela, na avenida de Vigo, e no casco urbán da vila, no paseo da Xunqueira. Dende o BNG exixen a reposición do servizo, xunto a campañas de fomento de mobilidade sostíbel.
Estes cargadores instalounos o goberno de Digna Rivas en xullo de 2021, con fondos procedentes dunha subvención estatal. “Daquela nunha das súas campañas publicitarias, a alcaldesa presentouse como grande defensora do coche eléctrico” afirma o voceiro do BNG Xoán Carlos González. “Agora, máis de dous meses dende que estes cargadores eléctricos están inservíbeis, ninguén se responsabiliza”, lamenta.
Tras recibir as queixas e denuncias de varios usuarios e usuarias de vehículos eléctricos sobre a falta total de información, dende a organización nacionalista solicitaron ao goberno municipal que se xustificase a situación destes cargadores públicos. “O silencio é total e absoluto. Ningúen sabe nada no concello. Ninguén ao volante”, afirma o edil nacionalista.
“A aposta pola mobilidade máis ecolóxica leva xa anos como principio básico que calquera organización defensora do medioambiente debe poñer en práctica”, analiza Xoán Carlos González. “Este goberno únicamente utiliza os vehículos eléctricos como propaganda e publicidade”, afirma.
Cuestiona as verdadeiras intencións da instalación destes submistradores eléctricos públicos, “que con cartos públicos soamente serviron para unha campaña de publicidade de Digna Rivas”, lamenta. Insiste na obriga de repoñer o servizo “á maior brevidade posíbel para que os veciños e veciñas poidan dispoñer destes cargadores públicos para vehículos eléctricos”.
O BNG exixe ao goberno de Digna Rivas que repoña os cargadores públicos de vehículos eléctricos.