Digna Rivas presentouse á cuestión de confianza cuns orzamentos ficticios.

IMG-20250701-WA0001
Xoán Carlos González, voceiro municipal.

Xoán Carlos González, “O ministerio obrígalle a recortalos nun millón de euros antes de que entren en vigor ”

 

Digna Rivas presentouse á cuestión de confianza cuns orzamentos ficticios.
A aprobación dos orzamentos municipais do ano 2025 mediante unha cuestión de confianza presentada pola alcaldesa, non estivo exenta dunha situación que, dende a organización nacionalista, considera “sen precedentes” na historia de Redondela. A emisión dun informe por parte do ministerio de facenda, no que obriga ao concello de Redondela a recortar os seus propios orzamentos antes de que entren en vigor. A cuestión de confianza plantexada pola alcaldesa, a imitación de Javier Bas, consideran “que non lle saíu tan ben como ao exalcalde do PP” 
“Digna Rivas presentouse á cuestión de confianza cuns orzamentos que o propio ministerio de facenda considera ficticios, que non se axustan á realidade”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. 
“O ministerio obrigou ao goberno de Digna Rivas a rebaixar en cerca dun millón de euros os seus orzamentos”, advirte. Trátase dunha obriga imposta na que se cuestiona grande parte do plan económico que se presentou para aprobar os orzamentos municipais.
Para o edil nacionalista, os orzamentos nos que a alcaldesa se sustentou para presentar a cuestión de confianza “carecían de rigor, como era de esperar”. Sorpréndenlle as declaracións triunfalistas da alcaldesa malia desta importante rebaixa de case un millón de euros dos seus orzamentos. “Semella a orquestra do Titánic que mentras se afunde o barco, segue tocando como se nada sucedera”, ironiza.
Segundo as previsións do ministerio de facenda Redondela non vai recadar os 22’6 millóns de euros que recollía na proposta da cuestión de confianza de Digna Rivas. Ante esta falta de rigor do goberno, o ministerio emitíu un informe no que lle instaba a rebaixar os ingresos ao estar moi alonxados da realidade, reducindo á baixa diferentes partidas. “Isto supón que moitos gastos que tiñan en teoría ben planificado vanse ver reducidos”, sinala o voceiro nacionalista. 
O propio goberno municipal acordou reducir ata en 31 partidas sobre a súa proposta inicial de orzamentos, algunhas moi singulares en Redondela: áreas de cultura, alumeado público, infraestructuras, muller, deportes... Entre as partidas máis chamativas que se deben recortar superando o 50 por cen sinala as humanizacións, expropiacións, diversas inversións en infraestructuras, actividades culturais.
“Estamos ante o final dun proceso que leva á aprobación duns malos orzamentos, con excesivo retraso pois os presentaron en abril, que a partires de agora o goberno de Digna Rivas terá que defender en solitario”.
Digna Rivas presentouse á cuestión de confianza cuns orzamentos ficticios.