Crónica do acto comarcal en Redondela polo Día da Patria Galega

IMG_5488
Imaxe do acto na Alameda Castelao de Redondela
O pasado sábado 5 de xullo organizamos un acto comarcal na Alameda de Castelao de Redondela como punto de arranque da campaña de divulgación do Día da Patria Galega.
Crónica do acto comarcal en Redondela polo Día da Patria Galega
Baixo o lema “Galiza sempre! Unha nación en marcha pola súa soberanía”, chamamos a asistir a Santiago de Compostela o vindeiro 25 de xullo, unha xornada de loita e reivindicación da construción dun país soberano económica e politicamente.

Neste encontro interviron a responsábel comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, o portavoz municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, o responsábel comarcal do BNG, Manuel Caride, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Iria Custodio fixo fincapé na necesidade da organización da mocidade en Galiza Nova, un espazo desde o que atallar as problemáticas concretas do sector xuvenil.

Xoán Carlos González destacou o traballo do grupo municipal do BNG de Redondela e a importancia das asembleas locais na nosa organización.

Manuel Caride fixo un repaso das principais loitas que estamos librando na nosa organización, centrándose na nosa denuncia do rearme militar dos Estados europeos e na nosa defensa da paz entre pobos.

Ana Pontón puxo en valor o traballo da nosa militancia e animou a todas as presentes a asistir á mobilización do Día da Patria Galega.

Terminamos o acto cunha ofrenda floral na estatua de Castelao, en conmemoración do 75 º aniversario do seu cabodano. Castelao é unha das figuras máis importantes na historia do noso país e quixemos aportar o noso grao de area en Redondela.

Crónica do acto comarcal en Redondela polo Día da Patria Galega