Xoán Carlos González interésase polos cargadores de vehículos eléctricos.
“Levan un mes sen funcionar, sen que ninguén do goberno de Digna Rivas se faga responsábel”, afirma.
Estes cargadores instalounos o goberno de Digna Rivas en xullo de 2021, con fondos procedentes dunha subvención de 43.000€. Serviulle esta axuda á alcaldesa para presentarse como abandeirada no fomento de uso de coches máis ecolóxicos. “Hoxendía, o silencio sobre a situación destes cargadores, e o que vai suceder no futuro con eles demostra que se tratou dun acto de publicidade e propaganda utilizando cartos públicos”, afirma o voceiro do BNG Xoán Carlos González.
Dez días despois do escrito asinado polo edil nacionalista no que se solicitaba información sobre a situación destes cargadores “ninguén do goberno de Digna Rivas fíxose responsábel”, denuncia.
Considera, Xoán Carlos González, que detrás das subvencións e propaganda non existe ningún tipo de política de fomento do vehículo eléctrico no noso concello. Exixe unha rápida solución a esta falta de servizo