O BNG forza ao goberno de Redondela a sumarse a Folga do 8M

Jessica García
Jessica García
Despois de que a proposta non se tivera en conta na Declaración Institucional, a concelleira Jessica García logrou o apoio de PSOE e AER
O BNG forza ao goberno de Redondela a sumarse a Folga do 8M
Na moción recollíanse cuestións como o recoñecemento e apoio ás mobilizacións feministas do 8M, demandar do goberno do estado maiores recursos na inspección laboral e a transferencia á Xunta de Galiza; instar ao goberno de Feijóo aumentando as dotacións aos servizos de dependencia; ademais do recoñecemento explícito do goberno de Digna Rivas, daqueles sectores, principalmente feminizados, que máis se implicaron en mitigar a pandemia da COVID. 
 
Un dos maiores debates, centrouse en se unha moción debería forzar a sumarse á Folga Feminista convocada polo sindicato CIG, e diversas entidades feministas. Tanto a concelleira de AER, como a do Partido Socialista, cuestionaron esta posibilidade. 
 
Apelaron a que este dereito deberíase tratar no eido privado, e nunca debe ser forzado.
 
A concelleira do BNG, Jessica García, expuxo toda unha xeira de argumentos comprensíbeis para que as mulleres da corporación, de xeito exemplar, se sumaran á convocatoria de Folga. Trátase dun dereito colectivo e público, que non se debe perder, malia que as condicións actuais impidan unha manifestación multitudinaria. “Consideramos que non debe haber ningún problema de carácter económico para que as mulleres da corporación se sumen á folga”, engadiu.
 
Segundo Jessica García, as convocatorias de Folga de Mulleres Traballadoras, certifica a importancia que ten a presión na rúa, a presión social, nos centros educativos, nas factorías,… Argumentos de sobra para que non se dubide da necesidade e obriga de sumarse á Folga Feminista do 8M, e que as concelleiras da corporación municipal deben ser as primeiras en dar exemplo. 
 
Os argumentos foron o suficientemente contundentes, como para que tanto AER como PSOE, cambiaran de opinión e votaran a favor de tódalas propostas do BNG
 
O BNG forza ao goberno de Redondela a sumarse a Folga do 8M