O BNG LAMENTA O ACHEGAMENTO DO PSOE AO PARTIDO POPULAR.
Xoán Carlos González “A cuestión de confianza pretenden agochar a mala xestión do goberno municipal ”
12 maio 2025 - 18:00
A Asemblea Local nacionalista mantivo unha nova xuntanza na que se analizou a situación do panorama político local. O sentir do conxunto de mililtantes redondelás lamentou os achegamentos do PSOE ao PP, co que as políticas locais van virar á dereita. Emplazáronse a dar o debate na rúa para que os e as redondelás se sumen ao seu proxecto transformador.
Na súa intervención ante a Asemblea o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González fixo un repaso dos acontecementos dos últimos meses. Declarou que “a presentación da cuestión de confianza agocha a incapacidade do goberno municipal de resolver os problemas de Redondela”. Manifestou que malia os ofrecementos do seu grupo a colaborar co goberno, os desplantes foron constantes.
Noutra parte da súa intervención valorou os orzamentos que entrarán en vigor nun mes, que “únicamente obedecen ao interese persoal dalgúns dos membros do goberno do PSOE”. Volveunos a utilizar como un exemplo do desinterese do goberno para cumprir os acordos asinados no 2023. Considerounos continuístas, difíciles de executar, máis centrados na propaganda que na prestar servizos de calidade. Insistíu no carácter privatizador da proposta orzamentaria.
“A xente en Redondela, está moi tranquila porque saben que pola parte do BNG non se vai apoiar ningún tipo de moción de censura”, insistíu. Non tén tan claro que o propio goberno municipal conte coa mesma fidelidade.
Na parte final da súa intervención valorou moi negativamente os acordos entre o PP e PSOE “co único obxectivo de afogar ao BNG, mais non o van a conseguir”. Emprazou ao conxunto da organización a traballar para que a veciñanza redondelá os considere como verdadeira alternativa ao bipartidismo.