O BNG leva as demandas de Redondela ao Parlamento.

Screenshot_20210512-090432
Alexandra Fernández na súa intervención na comisión do Parlamento galego.
Revisión da Avaliación Ambiental Integrada de AUCOSA, demanda de bacharelato de Artes para Redondela, protagonistas do traballo parlamentar.
 
O BNG leva as demandas de Redondela ao Parlamento.
Dúas iniciativas sobre demandas sociais e veciñais de Redondela, adquiriron protagonismo da man do Grupo Parlamentar nacionalista. O Partido Popular, puxo en marcha toda a súa maquinaria, para rexeitar tanto a revisión de oficio da AAI de AUCOSA, como a instauración de bacharelato de Artes.
 
Alexandra Fernández, prantexou unha pregunta ao goberno galego, que obrigou á comparecenza da directora xeral de Calidade Ambiental. Esta responsábel do goberno de Feijóo, deu conta de que non iban a tomar ningún tipo de iniciativa contra a empresa que elabora fariñas a partires de restos de peixe, en Cabanas. 
 
Quedou claro que quen debe traballar por priorizar o benestar cidadá, os intereses sociais, sobre os particulares dunha empresa, vai facelo a favor destes últimos. Para a Xunta, AUCOSA cumple, e malia que debe facer revisións exhaustivas sobre a actividade da empresa, non aporta ningún dato.
 
A veciñanza de Chapela, Trasmañó, Cedeira, vai seguir padecendo os fedores de AUCOSA, os verquidos, o movemento de camións, almacenaxe de restos,… O goberno de Feijóo, e o Partido Popular de Redondela, van mirar para outro lado.
O rexeitamento da instauración do bacharelato de Artes en Redondela, por parte do PP, únicamente obedece a intereses partidistas. En ningures, como no noso concello tería máis lóxica unha rama de estudio como esta. A proposta, defendida polo deputado do BNG, Manu Lourenzo, contaba co aval de toda a comunidade educativa.
 
Mentras, máis de 35 mozos e mozas, e as súas familias, terán que seguir padecendo as decisións aleatorias, sen criterio, do Partido Popular. O silencio do PP local, convírteos en cómplices desta situación.
Pola parte do Bloque Nacionalista Galego, mantemos o compromiso de seguir traballando polos intereses das necesidades do noso concello de da nosa bisbarra, no Parlamento Galego
 
O BNG leva as demandas de Redondela ao Parlamento.