O BNG de Redondela responsabiliza ao actual e anterior goberno do deterioro dos Servizos Sociais.

Xoan Carlos Servizos Sociais
Xoan Carlos Servizos Sociais
Xoán Carlos González afirma que “en tan só nunha década dinamitaron un dos piares da acción de goberno municipal”.
O BNG de Redondela responsabiliza ao actual e anterior goberno do deterioro dos Servizos Sociais.

Dende a organización nacionalista, consideran que chegouse a un colapso da área única e exclusivamente pola deriva a que a somenteron tanto os goberno do PP, como o actual PSOE-AER. “Conciben os servizos sociais, como unha concesión para determinados colectivos, polo que non priorizan actuacións de calado no seu día a día”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Recorda que “cun goberno nacionalista os Servizos Sociais redondeláns, convertíronse en referente en todo Galiza”.

 

Exemplariza este “declive” do servizo na Ordeanza de Emerxencia Social. “Modificouse no 2016 co apoio de PP, PSOE, AER, mais nunca se tratou dun texto áxil que solventara problemas graves con rapidez. As tramitacións perdíanse na burocracia, e na dificultade por cumprir todos os requisitos. As partidas orzamentarias, estaban lonxe de esgotarse ano tras ano”, aclara. 
 
Considera cínica a actitude do Partido Popular e da súa voceira Mari Carme Amoedo quen foi concelleira desta área, “que emprega como arma de desgaste político que non se esgotaran as partidas orzamentarias, cando nos seus gobernos sucedeu o mesmo”. Mentras a crise cebábase en numerosas familias redondelás, o PP facía caixa gabándose dos seus números en azul, e da súa boa xestión. “Isto supuxo que moitos e moitas redondeláns, decidiran acudir ás ONGs locais, para poder atopar resposta ás súas demandas”, puntualiza.
 
Despois da chegada ao goberno municipal do PSOE-AER, a situación dista moito de considerarse de calidade, malia que a restructuración do goberno municipal realizada hai poucos meses. Considera prioritaria Xoán Carlos González a modificación da Ordeanza de Emerxencia Social flexibilizando os criterios de acceso a axudas públicas daquelas familias que o demandan.
 
Dende o BNG, reivindicamos os servizos sociais, como un dos piares da atención á veciñanza. “En plena crise económica e social, os orzamentos deben recoller partidas relevantes, mais débese facilitar o acceso a aquelas familias que máis a están a padecer. Trátase dun dereito para os e as veciñas, e unha obriga para o Concello ”, remata na súa nota.
 
O BNG de Redondela responsabiliza ao actual e anterior goberno do deterioro dos Servizos Sociais.