O BNG, levará a problemática do IES Chapela ao Parlamento Galego.

IMG-20210505-WA0007
Alexandra Fernández xunto ao voceiro local no IES Chapela
Nun encontro coa dirección, a deputada Alexandra Fernández, coñeceu in situ a contaminación acústica que sufre a diario o alumnado e profesorado.
 
O BNG, levará a problemática do IES Chapela ao Parlamento Galego.
Con perto de mil alumnos e alumnas, e máis de noventa traballadores e traballadoras, o IES Chapela, ocupa a iniciativa política parlamentar da organización nacionalista. As contínuas denuncias realizadas pola comunidade educativa, sobre a contaminación acústica que padece o centro, a escasos metros da N-552 (avenida de Redondela), e Autoestrada AP-9, van ser trasladadas ao Parlamento Galego.
Ademáis do alumnado de ESO, e Bacharelato, varios Ciclos Formativos convertérono en referente da comarca de Redondela e de Vigo. Dende hai décadas denuncian carenzas no centro, como a falta dunha pista cuberta para Educación Física, ou accesibilidade segura do alumnado.
A contaminación acústica converteuse na problemática de maior dimensión. A cercanía a estas vías de comunicación, condiciona a dinámica educativa no IES. A ampliación de dous carrís da Autoestrada, veu a agravar a complicada situación. Toda a comunidade educativa mantense unida demandando solucións.
O Protocolo marcado dende a Consellaría, de manter fiestras abertas, para reducir o impacto do COVID, multiplicou as dificultades do profesorado por realizar o seu labor docente con condicións dignas, e impedíu ao alumnado recibir unha formación de calidade.
As novas sobre a adenda ás obras de ampliación da Autoestrada, supuxeron un novo xarro de auga fría, pois aínda non se concretaba a instalación de pantallas acústicas.
A deputada do BNG, Alexandra Fernández, acompañada do voceiro municipal, Xoán Carlos González, nun encontro coa dirección do centro, coñeceu de primeira man a situación nas aulas.
“Imos levar diversas iniciativas ao Parlamento Galego, para que dende a Consellaría de Educación se tomen todas medidas necesarias para solucionar a contaminación acústica no IES Chapela”, declarou. Entende que malia que cómpre exixir ao goberno do estado que constrúa xa as pantallas acústicas, “non van ser a solución definitiva”, engade. 
Aposta Fernández, por un maior compromiso dos responsábeis da Consellaría. “Sabemos de numerosos escritos de denuncia dende hai anos realizados pola dirección do centro sobre os problemas.
Pola súa banda o voceiro municipal, Xoán Carlos González tamén anunciou que se presentarán iniciativas no Congreso. “As informacións que manexamos sobre a instalación de pantallas, son extremadamente preocupantes, pois teñen previsto construílas de formigón, o que vai crear grandes balados, cun enorme impacto visual, ademáis de illar completamente algunhas partes de Chapela, e non o imos consentir”, asegurou ao remate do encontro.
 
O BNG, levará a problemática do IES Chapela ao Parlamento Galego.