O BNG pide explicacións ao goberno de Javier Bas polos cortes de subministro eléctrico.

O BNG pide explicacións ao goberno de Javier Bas polos cortes de subministro eléctrico.

Saxamonde, Negros, e zoas de Cabeiro, Vilar, e Quintela, afectadas durante máis de 3 horas.

O pasado luns produciuse un corte de subministración eléctrica entre as nove e as doce e media da noite. Esta falla de fluído eléctrico, considerámola dende o BNG, “como un feito moi grave que afectou tanto ao alumeado público, como ás vivendas particulares e establecementos de hostalaría e pequenas empresas”.

Por este motivo presentamos unha serie de preguntas ao goberno municipal para que facilite cumprida información, ou ben que a soliciten á empresa encargada do subministro, Unión Fenosa Gas Natural.

Queremos saber dende o BNG se o goberno municipal estaba informado de dito corte, e se se efectuou dun xeito “programado”. Tamén preguntamos polas obras e os motivos que levaron a unha falla de subministro durante 3 horas a unha parte importante do concello.

Outra das cuestións que prantexamos radica, en se o goberno municipal coñecía de antemán a falla de subministro e os motivos polos que non se avisou  aos veciños e veciñas afectados con antelación. En todo caso instamos ao goberno municipal que obteña de Unión Fenosa toda a información necesaria.

Así mesmo dende a organización nacionalista queremos saber se o goberno municipal vai pedir algún tipo de compensación, por tratarse de falla de alumeado durante unhas horas de importancia, dende o punto de vista do veciñ@. Instamos pois ao goberno de Javier Bas a que artelle algunha fórmula para que se faga unha demanda colectiva na que tanto os particulares, como os diferentes establecementos, se lles compense por esta perda de subministro.

Tamén nos preguntamos se o goberno de Javier Bas coñece se se vai poñer fin aos fallos na subministración. Sabemos que nas últimas semanas téñense producido pequenos cortes de electricidade, nesta zoa afectada. “Agardamos que sexa o derradeiro episodio, para evitarlle molestias e perdas aos veciños e veciñas”.

 

Consello parroquial de Negros

No consello parroquial deste martes, celebrado en Negros, unha das parroquias máis afectadas, o representante do BNG, Agustín González interpelou ao presidente sobre este feito. Consideramos dende a organización nacionalista que “as explicacións dadas non foron as axeitadas, o que motivou á presentación desta xeira de preguntas”.

“Consideramos inaceptábel que se teña preto de tres horas a centos de vivendas, pequenos negocios e estradas, sen subministro eléctrico e non se dean explicacións, nin se esixan responsabilidades”. “O goberno local debe facer valer o seu papel e Fenosa ten que resarcir aos veciños e veciñas”

O BNG pide explicacións ao goberno de Javier Bas polos cortes de subministro eléctrico.