En pé por Galiza, lema do BNG para o Día da Patria.

En pé por Galiza, lema do BNG para o Día da Patria.

Como todos os anos a organización nacionalista fai un chamamento a todos os veciños e veciñas de Redondela para participar en Compostela nas diferentes actos que se van celebrar o xoves 24 e o venres 25.

 Desde que foi instituído en 1919, hai xa máis de 90 anos, foron moi diferentes os contextos e circunstancias que afectaron á celebración desta data emblemática para o pobo galego. Houbo tamén trabas e prohibicións, algunhas ben recentes -mesmo no actual réxime constitucional-, mais finalmente o nacionalismo galego foi quen de conquistar o dereito a se manifestar e proclamar, cada 25 de xullo, o dereito inalienábel do pobo galego a vivir e construír libremente o seu futuro.

Nesta ocasión, no ano 2014, o Bloque Nacionalista Galego, expresión política actual dun nacionalismo firme e coherente nos seus principios e na práctica social e institucional, convoca máis unha vez unha manifestación con saída ás 12.00 horas da mañá da Alameda de Compostela e remate cun acto político na Praza da Quintana. Contaremos coa compaña solidaria de organizacións procedentes de Palestina, Sahara, Escocia, Irlanda, Bretaña, Catalunya, Euskal Herria, Córcega, Cerdeña, Cuba, Venezuela, Uruguai, Portugal, etc. Organizamos tamén o Festigal, espazo de encontro, convivio e amizade, no que a festa, a mocidade, a reivindicación e o debate de ideas ocupan lugares centrais.

O xoves 24 terá lugar unha homenaxe a Rosalía e Castelao no parque de Bonaval a partires das 17.30h.

Nestes momentos, cómpre unha mobilización social en prol dos nosos dereitos como pobo para acadar maiores cotas de soberanía. Os veciños e veciñas de Redondela deben ser unha parte activa neste compromiso que dende o BNG asumimos como un piar da nosa actuación no día a día.

En pé por Galiza!!!

10553311_686991071350525_2470384436133716346_n

En pé por Galiza, lema do BNG para o Día da Patria.