O BNG presenta o primeiro tramo da lista coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais de Red
Unha candidatura renovada, con formación e con ilusión
O BNG vén de facer públicos os nomes dos sete primeiras persoas que integran a nosa lista electoral para Redondela. Trátase dunha lista nova desde os dous puntos de vista da Palabra: porque a integran persoas que até o momento estaban nun segundo plano no traballo político do BNG de Redondela, e nova tamén porque a idade media dos membros é bastante baixa.
É unha candidatura formada por unha alternancia de homes e mulleres, o cal demostra un compromiso serio pola paridade de xénero por parte da nosa organización.
Outra característica das persoas que integran a lista do BNG é que todas elas, ademais do seu compromiso político coa organización, tamén forman parte do tecido asociativo, formando parte de asociacións veciñais, culturais, musicais, deportivas, etc.,
Segundo ten manifestado o número un da candidatura, Xoán Carlos González, trátase dun equipo con forza, ilusión e con formación como para encabezar o goberno de Redondela despois das próximas municipais.
Nº1. Xoán Carlos González. Mestre, membro do Consello Local do BNG de Redondela e actual concelleiro en Redondela.
Nº2. Jessica García. Estudante, militante de Galiza Nova, participante activa desde hai anos no asociacionismo xuvenil, membro de agrupacións culturais e musicais.
Nº3. Anxo Lusquiños. Traballador do mar. Membro da Executiva Comarcal e do Consello Local do BNG. Impulsor de medidas de tanta relevancia como a campaña en defensa do xeito que impediu a súa prohibición debido ás iniciativas levadas a Europa polo BNG.
Nº4. Ana Santomé. Empregada da Administración pública. Ampla experiencia no activismo sindical. Participa do asociacionismo veciñal e cultural.
Nº5. Roi Grande. Traballador do metal. Ampla experiencia no traballo político, membro do Consello Local do BNG de Redondela, e participante activo no asociacionismo xuvenil e cultural.
Nº6. Pilar Sotelino. Candidata independente, non militante do BNG. Veciña de O Viso que chegou ao BNG a través do proceso de asembleas abertas que se deu na organización durante os últimos meses. É membro da S.A.R, e ten participado noutras asociacións como, por exemplo, a ANPA.
Nº 7. Roberto Cabaleiro. Carpinteiro. Membro do asociacionismo cultural e activista comprometido con ampla experiencia no traballo político do BNG.