O BNG propón os orzamentos participativos para o conflicto do transporte no bacharelato.

IMG_20231002_164547
Jéssica García nunha intervención no pleno municipal de Redondela.

Jéssica García, “trataríase de utilizar uns recursos extra do concello nun problema que afecta a numerosos alumnos e alumnas das parroquias”.

 

O BNG propón os orzamentos participativos para o conflicto do transporte no bacharelato.
Enquistado o conflicto que afecta a uns corenta alumnos e alumnas de bacharelato dos institutos de Redondela, o Bloque Nacionalista Galego prlantexou a súa proposta. Nun escrito dirixido á alcaldesa, a concelleira nacionalista Jéssica García, indicou a posibilidade de empregar parte dos orzamentos participativos.
“Entendemos que estes fondos deben empregarse en iniciativas poco usuais, en diálogo co movemento asociativo pois trátase dun cambio de paradigma do modelo ata agora utilizado”, sinala a edil nacionalista. Considera que as inversións que se negociaban xa eran de por si obrigas que tiña que realizar o concello como marquesinas, alumeado público, inversións en camiños, … 
Nesta proposta a concelleira do BNG sinala que se trataría dunha solución temporal, á que tería que darlle resposta o concello. “Tal como xa apuntamos unha posibilidade sería a sinatura dun convenio cos taxis de Redondela, que poderían atender este servizo”.
“Seguimos exixindo á Xunta de Galiza que asuma o transporte deste alumnado. Só o cambio de goberno, cun BNG liderando o goberno galego dará solución a esta problemática que se repite todos os anos”, remata na sua nota a edil nacionalista.
O BNG propón os orzamentos participativos para o conflicto do transporte no bacharelato.