O BNG de Redondela califica de “propagandística”, a visita do delegado do goberno
Refírense dende o BNG ás tres estradas estatais, autoestrada privatizada AP9, varias liñas de vías férreas, aeroporto... que afectan a unha importante porcentaxe do territorio redondelá e centos de vivendas.
Pola súa banda a concelleira do BNG, Jéssica García afirma que “no canto de anunciar prazos concretos sobre os inicios das obras de reposición e pantallas acústicas en Chapela, falouse de compromisos adquiridos hai anos por mor da ampliación da autoestrada”. Neste eido, sinala que tampouco se comprometou José Miñones coa eliminaciónm definitiva da Peaxe de Rande.
Na mesma liña, a concelleira nacionalista, critica que ás emendas presentadas polo BNG aos orzamentos do estado vinculadas coa seguridade viaria, “dásenos o non por resposta”. Sinala a construcción da Rotonda no Alto dos Valos, beirarrúas no Alto de Cesantes ou en Vilar, como cuestións prioritarias.
“Pasouse por riba sobre a construcción dunha nova estación de tren en Chapela, con vistas a constituír un verdadeiro tren de cercanías na nosa bisbarra”, apunta García. “Unha necesidade urxente, para mellorar a movilidade cidadá con Vigo e Pontevedra e o sur da provincia”.
Segundo a edil nacionalista, descoñecese igualmente qué vai suceder coa transferencia de infraestructuras das que o goberno do estado aínda é titular, como parte da vía en desuso en Chapela, para continuar a Senda Verde, ou a antiga Casa do Mar en Redondela.
“Podemos concluír que a visita do delegado do goberno non servíu para concretar demandas e necesidades para os e as redondelás”, afirma Jéssica García. “A presenza do BNG no Congreso, vai asegurar que se insista en todas estas demandas necesarias para o desenvolvemento de Redondela”, remata na súa nota.