O BNG de Redondela denuncia os inconvintes para aparcar durante o Festival Internacional de Títeres.

O BNG de Redondela denuncia os inconvintes para aparcar durante o Festival Internacional de Títeres.

O BNG, considera que o goberno de Javier Bas abadonou á súa sorte ás familias en busca de aparcadoiro durante o Festival de Títeres.

Segundo o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, “a falla de planificación caracterizou a xestión do aparcadoiro”.

 Trala celebración do XV Festival Internacional de Títeres de Redondela, memorial Juanjo Amoedo, o Bloque Nacionalista Galego fai unha valoración moi negativa en referencia á sinalización de aparcadoiros para aquelas familias que chegaban ao casco urbano. Segundo palabras do concelleiro, Xoán Carlos González, ” careceuse de interese para organizar a reubicación de centos de vehículos particulares”.

Consideramos que ante a chegada de máis de 35.000 espectador@s, maioritariamente composto por familias con pequenos e pequenas, dende o goberno municipal non se actuou coa debida planificación, “dando unha moi mala imaxe de Redondela, en canto á sinalización de itinerarios alternativos e situación de prazas de aparcadoiro”.

Durante a fin de semana, pero especialmente na xornada do domingo, as beiravías das estradas nacionais estaban totalmente ateigados de vehículos particulares. “Pola contra, os aparcadoiros da zoa de A Marisma ou do Instituto Pedro Floriani, na que poderían aparcar varios centos de coches, estaban infrautilizados. Simplemente coa instalación de paneis informativos, poderíase ter evitado esta situación”.

Considera o noso concelleiro moi grave a situación posto que moitas familias con cativ@s víronse obrigadas a aparcar nas beiravías, tendo que esquivar o tráfico ou deambular pola estrada.

 

Aparcadoiro do Canabal

Causou sorpresa no BNG, a situación de abandono da zoa do Canabal. “No seu momento a limpeza e sinalización dunha finca particular, como aparcadoiro para este tipo de eventos, converteuse nun dos sinais de identidade do goberno de Javier Bas na xestión do tráfico. Mais nesta ocasión abandonouse esta iniciativa”, salienta Xoán Carlos González.

Vinculamos o abandono deste espazo á non aprobación da modificación das normas urbanísticas para a construción dunha área comercial. “Evidénciase agora, que todo o que se vendeu como froito dunha boa xestión, simplemente obedecía a intereses particulares, para quen o goberno de Javier Bas, estaba a traballar”.

“A falla de planificación reina no departamento de tráfico, apostando porque sexan os propios condutores quen autoregule o tráfico”, remata o concelleiro do BNG.

P1030721

O BNG de Redondela denuncia os inconvintes para aparcar durante o Festival Internacional de Títeres.