O BNG de Redondela denuncia que a loita contra a violencia de xénero depende do capricho do PP.

O BNG de Redondela denuncia que a loita contra a violencia de xénero depende do capricho do PP.

A organización nacionalista considera inxustificado o cambio de data na concentración do primeiro luns de mes.

A conclusión que o BNG saca do cambio de data na concentración que ás portas do Concello de Redondela, se realiza en contra da violencia machista, non pode ser máis negativa. A única xustificación que se deu, foi que a concelleira Teresa París non podería asistir.

Un claro exemplo de que ao goberno municipal non lle interesa este tipo de actos. Condicionar a concentración a que unha persoa estea presente, deixa ben claro o interese do goberno de Javier Bas, en espallar socialmente a loita contra a violencia de xénero. Para eles, o máis importante é que estea a concelleira.

O feito reviste maior gravidade, posto que se trata de menosprezar un acordo tomado por un órgano de participación: o Consello Municipal de Muller.

Xa non é a primeira vez que sen causa xustificada a concelleira de igualdade, obvia esta concentración. Trátase dun acto meramente simbólico, certo, mais que para o BNG adquire grande relevancia.

Non pode ser que na actual situación, na que se agrava  sobre moitas mulleres, non só maltrato físico, económico, senón tamén psicolóxico, se lle deixe a máxima responsabilidade en Redeondela, a unha persoa de dereitas. Trátase da concelleira que defendeu o actual Proxecto de Lei do Aborto, que Gallardón pretende impoñer.

Dende o BNG emprazamos a todas as forzas comprometidas coa loita pola igualdade entre homes e mulleres, a reconducir esta situación en Redondela. Cómpre recuperar e difundir o discurso e a actividade para rematar coa violencia de xénero.

10168184_650478151668484_286610665323934545_n

O BNG de Redondela denuncia que a loita contra a violencia de xénero depende do capricho do PP.