Para o BNG de Redondela o goberno de Javier Bas fomenta o uso do vehículo particular.

Para o BNG de Redondela o goberno de Javier Bas fomenta o uso do vehículo particular.

“Carecen de vontade de presentar un Plano de Tráfico para o concello”, segundo o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González.

A proposta de “regular os aparcadoiros no entorno próximo ao Mercado de Redondela”, reafirma á nosa organización en que o goberno de Javier Bas móvese en función da contestación social. “Trátase dun novo episodio dos intentos por privatizar o aparcadoiro ante a contestación que tivo o ano pasado, abandonándoa temporalmente. Agora disfrázana como un medio para regular o aparcadoiro preto do Mercado”.

Lembramos dende o BNG, que ao inicio do mandato solicitámoslle ao goberno de Javier Bas un verdadeiro Plano de Tráfico para todo o Concello de Redondela. “Nin tiveron no seu momento, nin teñen vontade agora, de prantexarlle á oposición e forzas sociais o seu modelo de mobilidade, simplemente porque carecen del” afirma o noso concelleiro nacionalista.

Consideramos que os argumentos dados en canto ás lagoas sobre o control da zoa azul, caen polo seu propio peso. “O único claro, é que nunca tiveron vontade por facerlle un seguimento aos aparcadoiros, nin neste espazo nin no resto dos cascos urbanos de Redondela, Chapela ou Cesantes, basicamente porque lle ía supoñer un conflito”.

 

Modelo antagónico ao do BNG.

“Para o BNG a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas dos núcleos urbanos, pasa inexcusablemente pola eliminación do tráfico particular”. Apostamos por un Plano de Mobilidade no que se reduzan os pequenos desprazamentos, se fomenten outros vehículos alternativos, se mellore o transporte de viaxeiros e establecer sentidos únicos tamén nas parroquias, etc.

“O goberno de Javier Bas defende unha política oposta a este prantexamento”. Considera o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego que as iniciativas tomadas polo goberno municipal constitúen un novo atranco na mellora da calidade de vida, dunha poboación que se ten amosado especialmente sensíbel neste apartado.

1510902_643468599036106_2828000985136172611_n

Para o BNG de Redondela o goberno de Javier Bas fomenta o uso do vehículo particular.