O BNG de Redondela na recepción do Intergrupo en misión no Sáhara

O BNG de Redondela na recepción do Intergrupo en misión no Sáhara

O pasado luns 3 de marzo, compañeiros e compañeiras do BNG de Redondela participaron da recepción ao intergrupo do Parlamento Galego que nos últimos días estivo no Sahara Occidental. Desta comitiva formaba parte a parlamentaria nacionalista, Montse Prado.

Quixemos amosar a nosa solidariedade unha vez máis co pobo saharaui. Un pobo, que tal e como comentou Montse Prado “está decidido a acadar a súa autodeterminación, para poder vivir no seu país dos seus propios recursos”.

P1030411

A misión da que formou parte a parlamentaria nacionalista, pasou varios días en El Aiún, coñecendo de primeira man a situación dun territorio, ex-colonia española, ocupado polo estado de Marrocos. Relatou como viviu en primeira persoa a continua presenza das forzas de seguridade marroquina, considerándoa de “asfixiante”.

Montse Prado destacou como o pobo saharaui, dende aqueles que naceron baixo a ocupación marroquina ata os máis anciáns que naceron baixo a ocupación colonial española, están “dispostos a todo” para acadar a súa liberdade. “Un pobo, o saharaui, que vive con dignidade, baixo unha situación de auténtica ocupación militar por parte do exército de Marrocos”.

As expectativas baséanse agora no referendo, que baixo os auspicios da ONU “deben celebrarse segundo os prazos marcados”, incidiu a parlamentaria galega.

P1030405

A presenza de militantes do BNG, entre eles un grupo de Redondela, pretendía transmitir o apoio ao proceso de autodeterminación do pobo saharaui. Cumpría pois render homenaxe a este intergrupo, acompañado por representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

O BNG de Redondela na recepción do Intergrupo en misión no Sáhara