Satisfacción no BNG polo remate das expropiacións en Trasmañó
Despois de sete anos de longo proceso, o saneamento dunha parte importante da parroquia poderá poñerse en marcha.
Na orde do Día do Pleno de febreiro recollíase un importante punto para a organización nacionalista. Referíase ao remate do proceso expropiatorio dunha serie de terreos en Trasmañó. Púñase punto e final, pois, a unha espera de 7 anos, dende que se iniciara a obra.
O groso desta infraestrutura permitiu a conexión de máis de 80 vivendas dunha parte da parroquia. Preto de 2.000 metros de tubaxe que se colocaron, cun orzamento de 180.000. En concreto a obra realizouse dende os arredores do Centro Cultural, ata a parte alta de Trasmañó, no camiño do Eiteiral e camiño das Sabreiras.
Para poder poñer en marcha esta importante obra de saneamento en Trasmañó, debía procederse á conexión co colector situado na zoa máis próxima a Chapela. Cumpría cruzar unhas fincas privadas que precisaban ser expropiadas. Esta acción, supuxo o inicio desta importante obra.
Finalmente foron necesarios algo menos de 5.000 de pago polas expropiacións, para que o colector cruzara varias fincas.
Para o Bloque Nacionalista Galego dáse por rematado un longo proceso no que o principal é que un número importante de veciños e veciñas van poder disfrutar dun servizo básico e de carácter universal.
Despois do saneamento en Soutoxuste, en O Viso, e de A Chousa en Vilar, trátase esta, da terceira obra de saneamento que quedou pendente do mandato anterior. Con máis pena que gloria, o goberno de Javier Bas vai poñelo en marcha.
Segue sendo a presenza do BNG no goberno municipal, e en concreto na área de medio ambiente, todo un referente no correspondente ao saneamento en Redondela. Amosar novamente a satisfacción de toda a organización por que máis veciños e veciñas poidan gozar deste servizo.