O BNG de Redondela pide a eliminación do tráfico pesado na estrada de O Viso.

Transporte madeireiro sen carga pasando fronte ao colexio de Cesantes.
O BNG de Redondela pide a eliminación do tráfico pesado na estrada de O Viso.

A organización nacionalista dirixiuse ao alcalde para que cumprira o acordo acadado no Consello Parroquial.

Dende que o alcalde de Soutomaior decidira prohibir o paso de tráfico pesado polo casco urbano de Arcade, na estrada provincial EP-2901, ao seu paso polo Viso, incrementouse de xeito significativo. Estes camións de grande tonelaxe, diríxense principalmente a puntos do propio concello de Soutomaior, e á zoa de Ponte Caldelas.

No Consello Parroquial de decembro do 2012, debateuse esta cuestión. Todas as forzas políticas e sociais alí representadas rexeitaron que a parroquia tivera que sufrir as consecuencias dunha decisión que ía incidir negativamente na seguridade viaria na parroquia.

Como xa nos ten acostumados, o presidente do Consello Parroquial, Jesús Crespo, asumiu o compromiso da petición dende o Concello á Deputación Provincial, para que dito acordo se levara a cabo. Deste xeito pretendíase a eliminación do movemento de camións de alta tonelaxe, nun espazo no que se ubica un colexio, un centro cultural, ademais dun importante número de vivendas.

Transcorrido case ano e medio, ante a persistencia da situación, o Grupo Municipal do BNG, mediante un escrito dirixido ao alcalde-presidente do Concello de Redondela, solicitoulle información sobre as iniciativas tomadas, as xestións realizadas coa Deputación Provincial, e as posíbeis solucións que se van tomar para a eliminación do tráfico pesado na estrada provincial EP-2901 ao seu paso pola parroquia de O Viso.

Transporte madeireiro sen carga pasando fronte ao colexio de Cesantes.

 

O BNG de Redondela pide a eliminación do tráfico pesado na estrada de O Viso.