Solicitamos que se continúe a construción de cunetas na N-555.
Por medio do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, o BNG dirixiuse ao goberno municipal para que se continuaran as cunetas nesta estrada nacional. Pretendemos que a empresa encargada do mantemento continúe coas obras realizadas preto da cabeceira do aeroporto.
Segundo o concelleiro, hai varias semanas que se realizaron unhas obras duns 60 metros, para a evacuación de augas. Para nós trátase dunha intervención insuficiente, posto que un grande treito da estrada carece deste sistema. Coa cantidade de auga caída nestes meses, as augas invaden a estrada, co conseguinte risco para peóns e vehículos, continúa Xoán Carlos González.
Para a organización nacionalista, a situación agrávase dende que se informou que Fomento renuncia a arranxar a estrada, posto que as condicións de seguridade da estrada carecen dos mínimos exixíbeis.
Segundo Xoán Carlos González, trataríase dunha intervención moi necesaria e cun custo non moi elevado para Fomento.