O BNG de Redondela pregunta polo retraso nas clases de teatro en distintos centros parroquiais.
O BNG de Redondela formula unha pregunta ao goberno local sobre as causas que motivaron o retraso no inicio das clases de teatro en distintos centros parroquiais. Estas clases comezaban habitualmente no mes de outubro e este ano deron inicio en decembro, o que ocasionou preocupación e incerteza nas persoas que se anotaron a esta actividade.
Para o BNG este obradoiro de teatro conseguiu afianzarse, favorecendo as relación interxeracionais e a dinamización nas parroquias nas que se celebrou (Chapela, Ventosela, Saxamonde).