O BNG de Redondela presenta unha alegación ao Proxecto do Celta en Mos, “polo futuro do comercio local”.
O periodo de exposición pública do Proxecto da Factoría do Deporte Galego, cuio titular é o Celta de Vigo foi aproveitado pola organización nacionalista para presentar a súa propia alegación.
18 set. 2023 - 08:41
“Facémolo en defensa do comercio local do noso concello, que se vai ver negativamente afectado cando se constrúa o centro comercial”, sinalan.
A exposición tivo por obxecto que calquera colectivo ou cidadán expuxera alegacións ás obras xa realizadas no concello de Mos e declaradas pola Xunta de Galicia “de interese autonómico”. Segundo informan fontes nacionalistas, existe unha segunda fase do Proxecto que implicará a construcción dun centro comercial. En toda a memoria non se renuncia a que se execute no futuro, o que podería ser un novo “barapau” para o comercio local redondelá. Contempla a instalación para corenta e cinco establecementos comerciais e quince relacionados coa hostelaría.
Critican dende o BNG que a Xunta lle dea trámite a unha iniciativa que volve poñer en risco o futuro de numerosos establecementos comerciais e hostaleiros de Redondela. Na alegación refírense á competencia en inferioridade de condicións do comercio local respecto aos grandes centros comerciais, que o goberno galego está a defender.
Refírense ás mocións aprobadas en Pleno, presentadas en varias ocasións polo BNG para que o goberno galego evitara que se construíra esta Factoría do Deporte Galego. Agardan que o resto de forzas con representatividade municipal, tamén tiveran presentado as súas propias alegacións.
“Non nos imos poñer de perfil cando se está atacando a un dos nosos sectores económicos máis importantes, que consolidan poboación, e polo tanto viabilidade para concellos medianos como Redondela. Imos implicarnos ata onde sexa necesario para que este monstruo non se consolide apostando polo futuro do noso comercio local e a nosa hostalaría”, rematan na nota emitida dende o BNG.