As obras de reposición en Chapela, propaganda electoral

IMG-20230703-WA0003
Xoán Carlos González “ xogouse coa veciñanza anunciando o inicio das obras en maio e a finais de setembro nada de nada”

 

As obras de reposición en Chapela, propaganda electoral
Chegados a finais de setembro dende do Bloque Nacionalista Galego denuncian o incumplimento do “anunciado como inminente inicio das obras de reposición de viais e infraestruturas afectadas durante a ampliación da autoestrada en Chapela e Trasmañó”. A presenza en plena precampaña electoral de representantes de Audasa, da delegada do goberno xunto á alcaldesa en Redondela para anunciar as obras, converteuse nun acto de propaganda. Xa daquela dende o BNG advertíase que as obras non se ían iniciar ata pasado o verán, “porque ninguén decide o inicio das obras, só os prazos dos procesos públicos”.
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo considera que “estase a xogar coa veciñanza afectada despois de anos de reivindicacións, sen que aínda se iniciaran as obras”. Despois de cinco anos de remate das obras de ampliación da auotestrada, considera que está claro que non lles interesa compensalos polas molestias e afeccións.
Recorda que “o BNG fomos a única organización política que en pleno verán do ano 2021 presentamos alegacións de mellora ao proxecto que o ministerio expuxera. Non se repón todos os viais afectados, non se melloran infraestruturas deterioradas, non se compensa con novas inversións”.
Denuncia que en cinco anos a situación dos viais e infraestruturas afectadas deteriorouse moito máis, “servizos que a veciñanza tén dereito a desfrutar en boas condicións. Non pode ser que ademais de sufrir durante anos o impacto da autoestrada, das obras de ampliación, agora tarden cinco anos en que se compense esta parte da parroquia”.
“Exiximos que de xeito inmediato se inicien as obras longamente esperadas en Chapela e Trasmañó, porque trátase dunha cuestión de xustiza”, enfatiza finalmente Xoán Carlos González Campo
As obras de reposición en Chapela, propaganda electoral